Nesta nova entrega da sección ‘A voz emerxente’ centrámonos na música. Concretamente na música de Malvares, membro da banda Rebeliom do Inframundo desde fai 10 anos e artista en solitario desde 2016. Desde 2017 leva actuando en festivais de poesía pola península, México e USA formando parte do movemento poético Poetry Fighters. Dedícase a traballos onde mestura rap e poesía. Fai uns meses lanzou o EP “O deserto dos leões” (con versos dos poemarios “Tanxerina” e “Blues da Crecente” de Mario Regueira) e este mes tamén sacou o single “Zion would fly free” coa produción de Frank Huxley (tamén membro da Rebeliom do Inframundo) . Este tema é a aportación galega ao 50 aniversario do Hip Hop e unha homenaxe á cidade de Nova York, onde naceu esta cultura.
De paseo por Manchester (III)
Jaime Sánchez pasa pola tenda Liam Gallagher, visita a tumba de Tony Wilson, o memorial ás víctimas do atentado no Manchester Arena e finaliza a súa peregrinaxe en Salford Lads