Hoxe é Martes 26 de Setembro de 2023
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A voz emerxente: Lidia Villalón

Lidia Villalón é unha artista plástica e deseñadora gráfica de Redondela. Vén de estrear a exposición “Disartist” no Café Cowork de Redondela, unha mostra das súas pezas máis persoais nas que mestura influencias da cultura galega a través das meigas, o feminismo, a psicoloxía, a ciencia ficción e a literatura. Tamén podemos atopar pezas marcadas por unha clara denuncia social e crítica á gerra.

A súa obra destaca por ter mensaxes con forza e mesmo escritos tipográficos que recordan ás cores e o estilo “póster” dos anos 90.  

Podedes atopar e mercar o seu traballo directamente no Café Cowork de Redondela ata o 14 de maio ou no caso de non poder achegarte, a través do seu instagram @lidiavillalon_studio .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

AntroPop: Suicide (II)

Suicide, o maior pecado da historia do rock and roll. Jaime Sánchez remata o programa doble sobre Alan Vega e Martin Rev, os blasfemos que nos 70 se atreveran a

Escoitar audio »