Chaleco Reflectante é un grupo de pop-punk de Redondela que leva en activo dende 2015. Falamos co vocalista Andrés Núñez sobre o seu segundo disco “Salto mortal”, composto por 10 temas con letras pegadizas sobre amor e experiencias persoais. Este ano son un dos grupos que compón o cartel do Millo de Verde. No que xa actuaron 3 veces, unha delas como gañadores do concurso de maquetas.

Farmacia de Garda: Crise de subministración de terapia de substitución hormonal
Nova entrega do espazo «Farmacia de garda» na Radio Municipal de Redondela. Como cada mes, recibimos nos nosos micrófonos unha profesional farmacéutica do noso concello para abordar cuestións relacionadas coa

