Hoxe é Martes 7 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A voz emerxente: Bruno Arias

Falamos con Bruno Arias (1998), cineasta vigués, sobre a súa ópera prima “Os espazos en branco” (2023). A longametraxe estrease o 17 de novembro no festival Cineuropa en Santiago de Compostela e trata de forma documental a vida da escritora, mestra e poeta Xela Arias. Unha muller cunha relación moi estreita con Redondela a través do seu traballo como docente no IES Chapela.

Sinopse da película:
Bruno leva moito tempo cunha espiña cravada: non lembra case nada de quen máis lle influíu na súa vida. A súa tía Xela morreu cando el tiña 5 anos e só lle quedan dela as memorias doutras persoas. É por iso que, dezaoito anos despois, Bruno decide transitar as caras e lugares que viviron a súa tía para dar luz a este conflito interno a través da primeira herdanza que lle deixou: o impulso creativo.

Bruno Arias participou nos últimos anos en proxectos como a curtametraxe Na pel da memoria (Laura e Coral Piñeiro, 2023) ou os videoclips Glass (Xaime Miranda, 2023) e Fotos (Bruno Arias, 2023), así como en series web e programas de televisión. É parte do colectivo Memoria e Cinema, onde se atopa no presente traballando en varios proxectos desde diversos lugares do proceso creativo. Os espazos en branco (2023) é a súa primeira longametraxe, da que é director, coguionista e comontador.

FICHA TÉCNICA DE “ESPAZOS EN BRANCO”:
Título: “Os espazos en branco”.
Xénero: Documental. Longametraxe de “non ficción”
Ano: 2023.
Duración: 77 min.
Formato: 4K DCI / Dolby 5.1
V.O.: galego
Subs.: inglés, castelán.
Dirección: Bruno Arias.
Guión: Lucía Ramiro e Bruno Arias.
Produción: Álvaro Liste.
Dirección de producción: Bea Villar.
Música: Dani Cornes.
Fotografía: Miguel Gomar.
Arte: Antía Carreira.
Montaxe: Bruno Arias e Laura Piñeiro.
Intérpretes: Melania Cruz, Sheyla Fariña y Lidia Veiga.
Empresa produtora: Serea Film.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

A voz emerxente: Facendo Camiño

Facendo Camiño é unha asociación sen animo de lucro dedicada á organización de actividades socio/deportivas de diferentes tipos, enfocado ao colectivo LGTBIQ+, tendo o sendeirismo e as andainas como actividade

Escoitar audio »