Hoxe é Luns 6 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

André Vaqueiro debuta en solitario co videoclip de “Ata estoupar”

Entrevista con Andre Vaqueiro.

O músico redondelán André Vaqueiro acaba de estrear o videoclip do seu segundo single en solitario, «Ata estoupar», un tema que marca o inicio dunha nova fase na súa carreira artística. Despois de pasar por varias bandas no municipio (entre elas o grupo de hardcore Ártico), agora leva todo o peso da creación.

A decisión de retomar o camiño chegou pola necesidade de facer as cousas ao seu ritmo e polas dificultades de manter no tempo unha banda cando a vida móvese e cambia: “Agora todo o fago eu, son autodidacta. Compoño e tamén gravo os distintos instrumentos”. Aínda que sinala a importancia da axuda de amigos e familiares no proceso, porque a música sempre estivo presente na súa casa. Os seus pais son coñecidos en Redondela por bandas como Only Cash e outras formacións anteriores: “Tiven moita sorte porque de pequeno sempre nos inculcaron a música e agora participaron tamén axudándome a gravar os instrumentos e mesmo poñendo voces neste último tema. A miña irmá Laura e a miña nai Beti cantan moi ben e enriquecen a canción moito”.

O primeiro single, Si no es contigo, naceu dunha tarde calquera na casa: uns acordes, unha idea e todo gravado por el mesmo (batería, baixo, guitarra, voz, coros e maracas). Agora, para “Ata estoupar”, contou coa axuda do produtor e batería local @johnnycanuto.

O videoclip, dirixido por Thomas Schwarz, combina escenas da rutina diaria cunha estética intimista, tratando de reflectir a rabia, o estrés e a ansiedade que ten a xente nova nun “mundo acelerado” que moitas veces pode ser un “inferno”.

O artista, que se presenta nas redes como @soyandrevaqueiro_ofisial, ten xa dispoñibles os dous temas en todas as plataformas, coa idea de seguir sacando música ao seu ritmo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp