Falamos hoxe do primeiro Mercedes da historia, considerado o primeiro automóbil moderno: foi o Mercedes 35 CV, deseñado por Wilhelm Maybach para Daimler-Motoren-Gesellschaft (DMG)
Un fito automobilístico que se presentaba en Niza co gallo da “Semana de Carreiras de Niza” (Semaine de Nice) celebrada entre o 25 e o 29 de marzo de 1901, dominando as competicións e gañando a carreira Niza-Salón-Niza.
Manuel Álvarez desvélanos tamén cousas curiosas en torno a este vehículo: por que se chamou Mercedes?


