“Hacendo Camiño” é un proxecto da Federación Española de Diabetes (FEDE) e a Fundación para la Salud Novo Nordisk España (FSNN). Máis de cen persoas con diabetes iniciaron en Vigo o Camiño de Santiago pola ruta portuguesa da costa, co obxectivo de mellorar a súa saúde e calidade de vida. Os participantes saíron de Vigo e pasaron a noite en Redondela, onde descansarán antes de continuar dende alí cara a Santiago de Compostela. Durante seis días, percorrerán 101,7 km en seis etapas, superando previamente unha fase de formación e adestramento. Esta iniciativa, que combina educación diabetolóxica, actividade física e acompañamento profesional, demostra que a diabetes non é un límite para levar unha vida activa e plena.
Hoxe entrevistamos ao Dr. Carlos Miranda, médico de familia no Centro de Saúde de Buenavista (Toledo), coordinador do Grupo de Traballo de Diabetes Tipo 2 da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia (SEMG) e patrono da Fundación para a Saúde Novo Nordisk España (FSNN).


