Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reto Cottiati, o suízo de Redondela que crea música para Galicia dende o seu ordenador

Entrevista completa a Reto Cottiati e a súa canción “Fuego”

Reto Cottiati, suízo afincado en Redondela hai máis de 20 anos, está a conquistar os corazóns redondeláns coas súas composicións musicais, creadas dende o seu ordenador cun teclado e unha inmensa paixón por Galicia.

Este verán, compuxo Heroínas do Mar – Mariscadoras de Galicia, unha canción dedicada ás mariscadoras, que soou na recente Festa do Carmen en Cesantes, mostrando o seu profundo respecto por estas traballadoras.

Hai poucos días, Reto realizou unha nova peza, Fuego, escrita despois do incendio que afectou Santa Cristina, en Vilaboa, xa extinguido tras días de loita. Esta canción, como as súas outras creacións, naceu no seu estudo caseiro, onde combina a súa habilidade no teclado coa axuda da intelixencia artificial para dar vida a melodías que celebran a natureza e a cultura galega.

Reto, que chegou a Galicia tras dirixir un hotel en Suíza —onde, curiosamente, traballou con 15 galegos, moitos de Redondela—, atopou nesta terra o seu fogar e a súa musa. “Teño dous corazóns: un para a miña compañeira, Conchita Pérez-Pardal, e outro para Galicia”, afirma.

Co seu ordenador como ferramenta principal, Reto transforma a súa paixón polo mar, a natureza e a xente galega en cancións que buscan “alegrar e elevar” a quen as escoita.

Comparando a súa música co chocolate suízo —“podes tela, pero hai que gozala!”—, Reto promete novas composicións sobre as mariscadoras e outros tesouros de Galicia, todas creadas coa mesma fórmula.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp