“Regreso al futuro” cumpre 40 anos. A estrea desta película tiña lugar o 3 de xullo de 1985. Celebramos con Manuel Álvarez as catro décadas dunha cinta que se converteu nunha das películas máis icónicas do cinema dos 80. Unha viaxe no tempo dirixida por Robert Zemeckis e protagonizada por Michael J. Fox. que tivo que superar incontables atrancos para a súa rodaxe.

Sergio Táboas: Enxeñaría da Enerxía
O enxeñeiro redondelán Sergio Taboas desenvolve na actualidade a súa carreira profesional no sector das enerxías renovables, onde traballa como enxeñeiro de proxectos no deseño e desenvolvemento de parques fotovoltaicos.

