A Asociación Andaina vén de anunciar a apertura das inscricións para o seu Programa Prelaboral e Tránsito á Vida Independente, unha iniciativa pensada para fomentar a autonomía e a integración das persoas con diversidade funcional. Con prazas limitadas, este programa promete ser unha oportunidade transformadora para os seus participantes. Para máis información poñen a disposición o teléfono 698 12 63 34 e o enderezo admonandaina@gmail.com

Nicolás Fernández – ciclo superior de Mantemento Aeromecánico
A paixón pola aviación acompaña a Nicolás Fernández desde neno. Os avións que sobrevoaban Redondela cara o aeroporto de Peinador espertaron unha curiosidade que co paso dos anos acabou converténdose

