Hoxe é Domingo 25 de Maio de 2025

As mulleres contan: María González Soto

Vinculada ao balonmán dende moi nova – foi xogadora con tan só 12 anos e exerceu tamén de adestradora anos despois- chegou a directiva do Club Balonmán Chapela da man do seu pai, Manuel González Soto, todo un referente no balonmán galego falecido no 2019. Asume a partir dese intre a presidencia do club acompañada dunha directiva que é “todo un matriarcado” xa que son mulleres tamén a secretaria, a tesoureira e a vogal.
Un club que traballa en novos proxectos, como poñer en marcha un equipo de veteranas, equipo que arrancou xa cos seus primeiros adestramentos e que é un exemplo do cambio social das últimas décadas “algo impensable décadas atrás que foran os pais os que quedan cos fillos mentres elas van adestrar, amosa que a mentalidade cambiou para ben nos últimos anos”.
A súa aposta persoal é seguir co espírito do club: traballar coa canteira e que os equipos seniors estean formados polo maior número posible de xogadores e xogadoras procedentes da base.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: