Mª Elena Becerra dende as Bibliotecas de Redondela fálanos hoxe dun libro de Laird Koenig e Peter L. Dixon cun inquietante título “Los niños están mirando”, un thriller que nos achega un retrato da maldade na infancia. A outra proposta lévanos ata o Xapón co libro “Cuentos ilustrados japoneses” de Teresa Peirce Williston.

Nicolás Fernández – ciclo superior de Mantemento Aeromecánico
A paixón pola aviación acompaña a Nicolás Fernández desde neno. Os avións que sobrevoaban Redondela cara o aeroporto de Peinador espertaron unha curiosidade que co paso dos anos acabou converténdose

