Hoxe é Xoves 16 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mulleres contan, percorrendo camiño: Esther López Carbajales

Xefa de Servizo do Centro de Saúde de Redondela onde exerce como médica de familia, recoñece que exercer a medicina dende o ámbito máis próximo supón todo un reto a día de hoxe.

Na súa profesión considera fundamental a escoita a activa e a empatía á hora de tratar cos pacientes e apunta como unha das asignaturas pendentes no ambulatorio de Redondela contar cunha unidade de saúde mental e un psicólogo.

Entende que as cousas mudaron respecto do trato dos pacientes “cando eu comecei é certo que os homes tiñan máis peso e cando había un home e unha muller na habitación o primeiro que facían os pacientes era dirixirse a el, iso agora xa non acontece”. Con todo, lamenta que os postos de dirección e responsabilidade segan maioritariamente en mans de médicos varóns.

Charlamos de todos estes temas con Esther López Carbajales no espazo As Mulleres contan, precorrendo camiño, unha iniciativa da Concellería de Igualdade en colaboración coa Radio Municipal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Onda Torrella: Luís Crespo

Onda Torrella presenta un programa especial en honra ao XXV Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo). Contamos co seu director Luís Crespo. O dramaturgo trae aos micrófonos

Escoitar audio »