Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Outro mundo é posible: Mobilizacións agro galego

Foto da tractorada en Madrid

Nesta nova entrega da sección ‘Outro mundo é posible’ voltamos a contar coa Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba,  para falar das últimas reunións feitas no marco das mobilizacións do sector primario en Galicia e en toda España. Baixo o lema “O campo esixe apoio, respecto e recoñecemento”, o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) participou canda milleiros de persoas procedentes de todo o Estado na manifestación e tractorada convocada en Madrid pola COAG, UPA e ASAJA con motivo da xuntanza do Consello Europeo de Ministros de Agricultura. 

O agro galego esixe en Madrid políticas agrarias respectuosas cas produtoras e que garantan o dereito a unha alimentación saudábel. Demandan:

  1. A eliminación da burocracia que nos afoga.
  2. Articulación de mecanismos efectivos para acabar cos baixos prezos en orixe e coas marxes abusivas entre o que perciben as persoas agricultoras e que pagan as persoas consumidoras.
  3. Cambios nas medidas que afectan negativamente ás pequenas e medianas producións -que son maioritarias en Galicia- ou que non están adaptadas á realidade galega ou da Cornixa
  4. Deixar de utilizar a agricultura como moeda de cambio nos chamados Tratados de Libre Comercio, que facilitan a importación de alimentos que non cumpren os estándares mínimos de seguridade e protección do medio ambiente esixidos na Unión Europea.

http://sindicatolabrego.gal/index.php?s=3&i=2128

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Onda Torrella: Luís Crespo

Onda Torrella presenta un programa especial en honra ao XXV Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo). Contamos co seu director Luís Crespo. O dramaturgo trae aos micrófonos

Escoitar audio »