Mª José Villar dende a Biblioteca de Chapela abandona momentaneamente as novelas para propoñernos outros xéneros menos habituais neste espazo. Fálanos de poesía cos títulos “Ben sabe o mar que posúo o botín das piratas” de Luz Campello e “Materia” de Yolanda Castaño e de teatro con “As alumnas” de Paula Carballeira e “Síbaris”, libro póstumo de Domingo Villar.

Ángel Filgueira consegue levar Handen a Rotterdam
O director redondelán Ángel Filgueira (@angel.filgueira.g) recibiu no ECAM Forum de Madrid o premio IFFR Rotterdam para o seu proxecto Handen, o que lle abre as portas ao mercado de

