Esta semana achegámonos ao Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. A produción baixou moito na última década, malia contar con máis colmeas. A presidenta da entidade, Esther Ordóñez, apunta ao cambio climático como un dos principais factores desta situación. As choivas torrenciais e as elevadas temperaturas prexudican á floración e, polo tanto, o traballo das abellas e dos apicultores. Ordóñez advirte que este fenómeno non afecta só aos produtores, senón tamén ao medio ambiente e á poboación en xeral “ao reducirse a biodiversidade”. Fai un chamamento a administracións e consumidores para que apoien a apicultura galega xa que as abellas e os apicultores fan un gran traballo no ecosistema galego: “o mel pode importarse, pero a polinización non”.

Onda Torrella: Cobian Glover “La Villa”
O rapeiro redondelán Cobián visita Onda Torrella para presentar La Villa, o seu primeiro álbum, nun episodio especial no que Fon Conde e Alicia Tizón realizan unha escoita íntegra do

