Co gallo da Semana Europea pola mobilidade Verdegaia realizou hoxe unha visita guiada ao carril-bici e Vigo para dar a coñecer a análise que realizaron de todo o percorrido desde Teis ata Coia. João Alexandre Tamayo Serdoura, voceiro do colectivo, falounos das incidencias detectadas e da necesidade de melloras para facer deste carril unha alternativa segura e eficiente para moverse pola cidade. Calmar o tráfico, facendo que se respecten os límites de velocidade, é unha delas, así como evitar a súa ocupación indebida por parte de turismos que estacionan na zona reservada para as bicicletas.

Redondeando a sexualidade: Temores nos primeiros contactos
O consentimento é un concepto que os adolescentes recoñecen cada vez máis. “Hai un empoderamento global que noutro tempo pasado non había”, explica María Montenegro, do gabinete Amaturi, na entrega

