A Lei de Residuos obriga a todos os municipios a ter implantada a recollida selectiva de residuos orgánicos no no ano 2024 e Redondela está a traballar “no mellor xeito de poñelo en marcha”. A concelleira de Medio Ambiente, Pilar Martínez, e o concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, visitaron Carballo para aprender da súa experiencia na xestión de biorresiduos e compostaxe, xa que o municipio coruñés hai anos que o implantou e os resultados son positivos. Villar explica que farán campañas de información e sensibilización para que a cidadanía aprenda a separar en orixe estes residuos e utilice os novos colectores marróns, que comenzarán a utilizarse de xeito voluntario.

Capítulo especial de En PAC(k) sobre o hantavirus
A médica residente do Centro de Saúde de Redondela, Bea Gómez, conversa neste episodio especial do podcast En PAC(k) con Alicia Tizón sobre o hantavirus, unha zoonose grave transmitida por

