Hoxe é Luns 23 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A voz emerxente: Sen7idos

Falamos con Paula Madrid creadora do proxecto Cuentos Meirch y Peich, xunto con Marta Pérez. Concretamente detallamos a colección de contos Sen7idos nos que traballan coa ilustradora María Simavilla.

A colección está comprometida coa crianza respectuosa, a inclusión, a igualdade, a creatividade e o respecto pola natureza. Esta é a primeira colección de contos infantís relacionada coa INTEGRACIÓN SENSORIAL. Pero, sobre todo, é unha valiosa ferramenta para entender ás nenas e aos nenos, que ofrece outra mirada á infancia.

Ambas traballan na rama da saúde e estudaron xuntas. Teñen en común a Terapia ocupacional no ámbito da infancia, puntos importantes para entender a perspectiva coa que escriben os contos.

Os contos autoeditados e creados totalmente por Paula e Marta conteñen información útil para os pais e educadores, pero tamén conta con cancións compostas por elas. Espérase que en maio presenten o seu primeiro espectáculo musical de Sen7idos aquí preto, en Nigrán.

Páxina web do proxecto: https://www.infanciamyp.com/

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Onda Torrella: Bea Amoedo

Nun crossover moi especial entre dous programas da radio municipal de Redondela —Onda Torrella e En PAC(k), o podcast de saúde—, a doutora Bea Gómez Ameodo, médica residente no Centro

Escoitar audio »