“Muller ao volante perigo constante”, unha frase que a nosa protagonista, Belén Tierra, condutora de camións e autobuses, tivo que escoitar en máis dunha ocasión. Con todo, non fixo máis que calar bocas xa dende o inicio “fomos ao exame de conducir cinco persoas, catro homes máis eu, e tan só aprobei eu”. Nunha profesión tradicionalmente masculina, o balance da súa traxectoria é máis que positivo “tiven moito apoio de compañeiros e xefes” pero iso non quita que tamén se atopara con situacións indignantes que nos relata nesta conversa.

Capítulo especial de En PAC(k) sobre o hantavirus
A médica residente do Centro de Saúde de Redondela, Bea Gómez, conversa neste episodio especial do podcast En PAC(k) con Alicia Tizón sobre o hantavirus, unha zoonose grave transmitida por

