Pediatra de profesión, a súa paixón por mellorar a saúde e a vida das persoas levouna a facer da solidariedade a súa razón de ser. Conbinou o seu traballo no Sergas co voluntariado, nun primeiro momento nos campos de refuxiados saharauis, e despois en Senegal. Axudar a que nos poboados máis desfavorecidos deste país africano tiveran unha cida máis digna levouna a fundar a ONG Daman. A organización non se limita a prestar asistencia sanitaria nestes poboados, senón que tamén puxeron en marcha escolas, levaron auga e luz a onde non existía e puxeron en marcha obradoiros para formar e empregar á poboación local. Sobre a igualdade entre homes e mulleres, especialmente en África, dí que “aínda queda moito traballo por facer”. Recoñece que ela nunca tivo problemas coa poboación local nin coas autoridades polo feito de ser muller “porque teño o meu carácter”. Con todo, advirte ás novas xeracións “que hai que seguir pelexando pola igualdade real” e lamenta que a día de hoxe en países como España aínda se dean situacións de machismo “e máis entre a xente nova”.

Radio Reto Lector: Ánxeles Babarro
Nova colaboración da veciñanza que se achega aos micrófonos da Radio Municipal para participar no Reto Radio Lector que promoven as Bibliotecas en colaboración coa emisora local. Nesta ocasión Ánxeles