Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ruta polas marxes do Río Fondón

fondón

A Asociación de veciños de Chapela organiza a XVII edición dunha actividade que busca poñer en valor a riqueza paisaxísticas e natural desta zona da parroquia e que se vai desenvolver o domingo 22 de maio ás 10: 00 horas. Os participantes sairán dende o Camiño da Fraga ata o nacemento do río Fondón achegándose así aos muíños, pontes, fervenzas así como a fauna e flora existente nesta contorna das parroquias de Chapela e Trasmañó.

Como tódolos anos o remate da marcha, sobre as 14 horas, haberá un xantar popular nas mesas da área de descanso da “Chan da Lagoa”. Cada un levará o seu propio xantar e organizaranse coches que se encargarán de subir a comida ata o lugar.

Máis información no teléfono 649376094.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará