Achegámonos a Ponteareas para falar de Galinsect, unha granxa de insectos para o consumo de animais. Rubén Recamán explícanos que estes insectos son unha proteína de alta calidade para gando, aves e piscifactorías. Unha alternativa sustentable e ecolóxica baseada na economía cirular, xa que o único residuo que xeneran os insectos é un abono orgánico que se utiliza na agricultura. A súa actividade aposta tamén por innovar no rural priorizando a economía de proximidade.

Nicolás Fernández – ciclo superior de Mantemento Aeromecánico
A paixón pola aviación acompaña a Nicolás Fernández desde neno. Os avións que sobrevoaban Redondela cara o aeroporto de Peinador espertaron unha curiosidade que co paso dos anos acabou converténdose

