No espazo desta semana falamos con Manoel Santos, coordinador de Greenpeace Galicia, sobre a polémica das macrogranxas. Este tipo de gandaría industrial provoca contaminación na auga, no solo e tamén no aire polos verquidos de nitratos, xurro e as emisións de CO2. As organizacións ecoloxistas denuncian que a administración non esixe a esta industria o cumprimento da normativa ambiental. Zonas de Galicia como a Baixa Limia hai anos que padecen os seus efectos nocivos.

Redondeando a sexualidade: Temores nos primeiros contactos
O consentimento é un concepto que os adolescentes recoñecen cada vez máis. “Hai un empoderamento global que noutro tempo pasado non había”, explica María Montenegro, do gabinete Amaturi, na entrega

