A Asociación ANDREA de Allariz vén de ser noticia logo de facerse cargo dunha burra maltratada e abandonada en Sandiás. Pero a súa labor vai máis aló. A asociación para a defensa e recuperación dos asnos leva anos concienciando do problema que supón o abandono deste tipo de animais “que é unha consecuencia do abandono do rural”. María Pérez, psicóloga da asociación, denuncia que ante a falta de medios das administracións para facerse cargo destes animais deben ser asociacións as que se fagan cargo “sen recibir axudas económicas”. Desde ANDREA traballan para darlle “novos usos” aos burros, logo de que a maquinaria agrícola os substituíse no mundo rural. Fan terapias con eles para persoas con diversidade funcional e tamén visitas guiadas. Ademais os burros participan nun programa de pastoreo para prevención de incendios nunha zona da Reserva da Bioesfera de Allariz.

Entrevista a Mar Vázquez: primeira muller trans en lograr un podio nunha carreira masculina
A atleta pontevedresa, afincada en Redondela dende fai dúas décadas, Mar Vázquez fixo historia ao converterse na primeira muller transxénero en lograr un podio nunha carreira da categoría masculina. Vázquez