Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela promove o programa de voluntariado internacional Vacacións con traballo

RR_Noticias

O programa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que se presentou onte no Concello está orientado aos traballadores da administración pública que estean interesados en cooperar durante os seus períodos de vacacións en proxectos que se están a desenvolver en Cabo Verde, Nicaragua e Cuba.

Catro técnicos das Deputacións e Concellos socios do Fondo Galego de Cooperación pasarán un mes colaborando cos parceiros da entidade en Cabo Verde, Nicaragua e Cuba dentro da sétima edición do programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo que se presentaba na mañá de onte no Concello de Redondela.
Vacacións con Traballo volve ofertar este ano dúas prazas en Cabo Verde, para cooperar coas Cámaras Municipais do Paúl e da Ribeira Grande. No primeiro caso, o perfil preferente é o dun técnico en igualdade de xénero, mentres que no segundo requírese un arquitecto. Tamén na Oficina do Conservador de Santiago de Cuba precisan dun profesional da arquitectura. No caso do Instituto de Promoción Humana, en Nicaragua, a praza é para un técnico de turismo.
Trátase de perfís prioritarios, mais en función da participación poden non ser eliminatorios, de aí que se anime a inscribirse en Vacacións con Traballo a todas as persoas interesadas. O prazo para a recepción de solicitudes permanecerá aberto ata o 25 de maio. Toda a información e os formularios están dispoñibles no web www.fondogalego.org.
A concelleira de Servizos Sociais, Muller e Ensino, e presidenta do Fondo Galego de Cooperación, Teresa Paría animou a todas as empregadas e empregados das administracións locais galegas con interese polo voluntariado a inscribirse na convocatoria actual. Pola súa banda, o secretario técnico do Fondo Galego, Daniel González, presente tamén no acto de presentación, explicou que as e os participantes “sacrifican as súas vacacións para facer unha cooperación técnica, pero máis importante se cadra é o labor de sensibilización que fan cando volven e contan o que viviron” sobre o terreo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará