Hoxe é Venres 6 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Farmacia de Garda: Crise de subministración de terapia de substitución hormonal

Nova entrega do espazo «Farmacia de garda» na Radio Municipal de Redondela. Como cada mes, recibimos nos nosos micrófonos unha profesional farmacéutica do noso concello para abordar cuestións relacionadas coa saúde e coas preocupacións dos usuarios e usuarias que chegan cada día ás farmacias.

Nesta ocasión, poñemos o foco nun problema que está a afectar a milleiros de mulleres: a falta de subministración de diversos medicamentos utilizados na terapia hormonal da menopausa. Un desabastecemento que está a dificultar a continuidade dos tratamentos e que xera incerteza entre as pacientes que precisan destes fármacos.

Por que se está a producir esta falta de medicamentos? Cales son as alternativas para as mulleres afectadas? E cando se prevé que se recupere a normalidade no subministro?

Falamos de todo isto con Andrea Domínguez, que nos axudará a coñecer mellor as causas desta situación e as posibles solucións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp