Hoxe é Mércores 14 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela despide as festas de San Fausto tras a resaca de Leticia Sabater

leticia

A programación das Festas de San Fausto, que organiza ao Centro Cultural e Recreativo de Chapela, chegan hoxe ao seu remate con actos relixiosos, sesión vermú ás 13:30 horas, atraccións a prezo reducido polo Día do Neno e fin das celebracións ás 21:00 horas. Unhas festas que se despiden logo do cheo e da resaca que deixou a actuación de Leticia Sabater.

A explanada xunto ao pavillón de deportes da parroquia quedou pequena para acoller aos centos de persoas que se animaron a asistir ao concerto de Leticia Sabater. A popular artista logrou o seu obxectivo que era ofrecer “un fiestón espectacular” para os seus fans que ateigaron o recinto e entre so ques e podía ver xente de todas as idades. Entre eles, moito adolescente e moitos curiosos que se achegaron ao lugar para ver de preto a intérprete de temas como “La Salchipapa” o “La puta ama” que non escatimou enerxía para animar ao seu público.  A noite deixou tamén un susto cando unha das fans se desmaiou durante o concerto e foi precisa a intervención dos servizos de emerxencia para atendela, aínda que finalmente se recuperou e puido seguir gozando do espectáculo.

A xornada de onte luns 12 estivo máis vinculada á tradición, coa misa cantada pola coral O Piñeiral seguida da procesión e da actuación do grupo folclórico Anaquiños de Chapela. A verbena estivo amenizada polo Dúo Gema e Tic Tac.

As festas péchanse hoxe martes 13 de outubro coa misa cantada e a procesión, unha sesión vermú ás 13:30 horas, o Día do Neno ás 18:00 e o remate das celebracións ás 21:00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará