Hoxe é Mércores 30 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

De Vigo a Madrid, a mobilización pola vivenda reclama medidas contra a crise e os desafiuzamentos

Fotos cedidas polo Sindicato de Inquilinas de Vigo

Entrevista completa a Juan Medela

O Sindicato de Inquilinas de Vigo participou nunha concentración na Porta do Sol convocada por Alianza pola Vivenda, da que forman parte, e en apoio ás protestas que se están desenvolvendo en distintos puntos do Estado e que tiveron como epicentro Madrid, onde miles de persoas saíron á rúa baixo o lema “Ni unha Maricarmen máis” tras o desafiuzamento dunha muller de 87 anos que levaba décadas vivindo na súa casa.

Juan Medela, voceiro do Sindicato de Inquilinas de Vigo, considera o caso de Maricarmen “un caso simbólico” que permite visibilizar unha problemática que, segundo explica, afecta a moitas máis persoas e “pon de exemplo manifesto o que se pode conseguir coa loita social”.

Segundo explica, o sindicato vigués atendeu nos últimos seis meses máis de 120 casos relacionados con diferentes problemáticas habitacionais e asegura que entre o 65 e o 70% corresponden a persoas que cumpren coas súas obrigas como inquilinas pero ás que se lles incrementa o alugueiro ao rematar o contrato.

Sobre a nova lexislación en materia de vivenda, que aínda debe pasar polo Congreso, sinala que unha parte das medidas, entre elas o denominado Decreto Maricarmen, xorde da mobilización social. Medela pide, con todo, cautela á hora de valorar as propostas, xa que están articuladas en dous decretos diferentes e aínda é necesario coñecer o seu contido definitivo e “ler a letra pequeña”. Advirte de que as medidas anunciadas son temporais e que non resolverán por si soas o problema.

 Na entrevista tamén sitúa a especulación como unha das raíces do conflito: asegura que moitos desafiuzamentos e subidas de alugueiro prodúcense porque a propiedade busca obter unha maior rendibilidade, mesmo cando as persoas inquilinas están cumprindo coas súas obrigas. Por iso, considera necesario actuar sobre os prezos e combinar o incremento da vivenda pública con medidas contra a especulación.

O sindicato anuncia novas mobilizacións e actividades de autodefensa inquilina para informar sobre dereitos e abusos no mercado do alugueiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Onda Torrella: Hugo Amoedo Canal

Nesta nova entrega do podcast Onda Torrella conversamos con Hugo Amoedo Canal, cineasta nacido en Redondela en 1987 e actualmente afincado en Bruxelas, onde desenvolve boa parte da súa actividade

Escoitar audio »