Hoxe é Xoves 10 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A vendima dos viñedos do Castelo de Soutomaior recolle máis de 14.000 quilos de uva

vendima

A adega Cosecheros Reunidos de Soutomaior finalizou os traballos de vendima nos viñedos da finca do Castelo de Soutomaior, propiedade da Deputación de Pontevedra, con máis de 14.000 quilos de uva branca recollidos. Un total de 14 persoas participaron esta semana na colleita, realizada ao longo de varias xornadas nesta última semana.

A adega que resultou adxudicataria na poxa pública promovida pola institución provincial para realizar a vendima encargouse tanto dos traballos de colleita como do seu posterior traslado da uva albariña recollida e resto de variedades brancas. En concreto, dos máis de 14.000 quilos recollidos, 12.800 foron de uva albariña e 1.400 de outras variedades.

Os viñedos do Castelo de Soutomaior, que se estenden en 4 hectáreas (o recinto ten unha extensión de 23) foron plantados en 1984. A explotación distribúese nunha parte con terreos tipo castel e en terrazas, e outra sobre terreos húmidos, fértiles e con cuberta vexetal suficiente, o que fai que as producións non sexan moi altas. A uva é autóctona, na súa maioría albariño, habendo outras variedades brancas como o godello, torrontés, loureiro e treixadura.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará