Nesta segunda entrega, Luís Cuntín completa as seis cancións da súa selección musical, despois de compartir tres delas na primeira parte. A súa escolla musical segue sendo o fío condutor dunha conversa na que descubrimos novas facetas da súa traxectoria e da súa relación coa música e coa cultura.
O jazz está presente na playlist, pero pedimos ao experto que tentara afastarse deste xénero para coñecer outras facetas da súa vida e acaba sorprendendo coa selección.
E si, naceu en Santiago en 1960, pero leva media vida moi vinculado a Redondela. Foi director técnico do Obradoiro de Socioloxía durante quince anos, profesor na universidade e en 2022 publicou o seu primeiro poemario, O caderno de Daia (Chan da Pólvora), un libro que comezou a escribir cando era un rapaz.
Ademais, colaborou con Arturo L. Regueiro en varios espectáculos que mesturan poesía e jazz, e sempre estivo moi metido na vida cultural da vila: SOAR, Tanxarina e un longo etcétera. Desde o 2001 dirixe e presenta Tempo de Jazz.


