O corpo sen vida dunha muller veciña de Vigo e de 60 anos foi localizado este venres no fondo da Fervenza da Feixa, na parroquia redondelá de Reboreda. O aviso activou un amplo dispositivo de emerxencias ao redor das 12:20 horas.
Segundo informou o 112 Galicia, varios particulares alertaron da presenza dunha persoa falecida no lugar. Ata a zona desprazáronse efectivos do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Redondela, GES de Mos, Policía Nacional, Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Redondela.
Os equipos de emerxencias confirmaron no lugar o falecemento da muller e procederon á recuperación do corpo, que se atopaba nunha zona de fácil acceso.
Desde a Policía Nacional sinalaron que, nunha primeira valoración, non se aprecian signos de violencia. As circunstancias nas que se produciu o falecemento deberán ser determinadas agora polas investigacións correspondentes.










Unha resposta
Bombeiros de Redondela? Pero se hai uns días saíu nova na Voz de Galicia de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia obrigaba ao Concello de Redondela de non poñer excusas e acatar a sentenza xudicial que obrigaba a crear o servizo de bombeiros.