Hoxe é Sábado 29 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Atopan o corpo sen vida dunha muller no fondo da Fervenza da Feixa

Redondela,_río_Alvedosa

O corpo sen vida dunha muller veciña de Vigo e de 60 anos foi localizado este venres no fondo da Fervenza da Feixa, na parroquia redondelá de Reboreda. O aviso activou un amplo dispositivo de emerxencias ao redor das 12:20 horas.

Segundo informou o 112 Galicia, varios particulares alertaron da presenza dunha persoa falecida no lugar. Ata a zona desprazáronse efectivos do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Redondela, GES de Mos, Policía Nacional, Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Redondela.

Os equipos de emerxencias confirmaron no lugar o falecemento da muller e procederon á recuperación do corpo, que se atopaba nunha zona de fácil acceso.

Desde a Policía Nacional sinalaron que, nunha primeira valoración, non se aprecian signos de violencia. As circunstancias nas que se produciu o falecemento deberán ser determinadas agora polas investigacións correspondentes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. Bombeiros de Redondela? Pero se hai uns días saíu nova na Voz de Galicia de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia obrigaba ao Concello de Redondela de non poñer excusas e acatar a sentenza xudicial que obrigaba a crear o servizo de bombeiros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará