Hoxe é Venres 7 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Rockondela recupera o concurso de maquetas con catro bandas finalistas

Entrevista completa a Rodri Vegas sobre Rockondela e con adiantos e sorpresas que ver en La Fábrica.

O festival Rockondela continúa tomando forma. A final do concurso de maquetas celebrarase o vindeiro 4 de setembro no espazo La Fábrica, con entrada gratuíta e a participación de Espabila (Arcade), KSAIS (O Porriño), Pólvora Tex (Vigo) e A Ras da Kona (Salceda de Caselas). O grupo gañador recibirá un premio de 200 euros e formará parte do cartel do festival Rockondela.

“Estamos moi contentos coa acollida. Pensabamos recibir arredor dunha decena de propostas e finalmente chegaron preto de trinta”, sinala o promotor Rodri Vegas. As candidaturas procederon de distintos puntos de Galicia, pero tamén de Navarra, León, Barcelona e mesmo Portugal, un feito que cualifica de “sorprendente” e que, ao seu xuízo, confirma o interese que está espertando Redondela como novo espazo para a música en directo.

A organización apostou por un cartel diverso, no que conviven propostas de folk melódico, hard rock, punk rock e rock clásico. O concurso arrancará ás doce da noite, aínda que as portas abriranse con antelación para que o público poida acceder ao local. A entrada será completamente gratuíta e serán os propios asistentes quen decidan o grupo vencedor mediante votación popular. “O importante é que a xente veña apoiar a música en directo e dende a organización non participaremos na votación final”, explica o promotor.

En paralelo, o equipo de La Fábrica continúa traballando na configuración do cartel definitivo do Rockondela. Vegas asegura que a programación non será decidida unicamente pola organización, senón que contará coa colaboración de músicos da vila para seleccionar as bandas participantes. “Queremos apoiar ese movemento e que sexa a propia xente que coñece a escena local quen nos axude a construír o festival”.

ESPABILA
RAS DA KONA
POLVORA TEX
KSAIS
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp