Hoxe é Luns 6 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A mellora integral da Subida a Trasmañó precisa dun investimento de 400.000 euros

estrada

O Concello de Redondela avanza na mellora da Subida a Trasmañó e da Estrada da Autopista. O proxecto divídese en dúas fases. A primeira, financiada con cargo ao remanente municipal, conta cun investimento de 137.898,39 euros e xa se atopa en proceso de licitación. A segunda fase, cun investimento aproximado de 264.000 euros, está pendente da concesión definitiva da subvención procedente da Deputación de Patrimonio e da autorización de Patrimonio da Xunta de Galicia, último trámite necesario para proceder á súa licitación.

En conxunto, ambas actuacións permitirán renovar preto de 1,4 quilómetros de vial, actuando sobre unha superficie de máis de 8.800 metros cadrados. Os traballos inclúen a pavimentación con aglomerado asfáltico en quente, a mellora integral da drenaxe mediante novas cunetas, entubados para evitar acumulacións de auga, o ensanche da plataforma nos puntos onde é posible e a construción de muros de mampostería para reforzar a estabilidade da estrada. Ademais, substituiranse e ampliaranse as biondas de protección, instalaranse reductores de velocidade coa correspondente sinalización, adecuarase o cruzamento co Camiño de Santiago mediante pavimento de adoquín de granito, renovaranse as marcas viarias, repoñeranse tapas de rexistro e executaranse diferentes actuacións de conservación e limpeza de cunetas e noiros.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, destacou que “estamos a falar dunha actuación estratéxica para Trasmañó e para toda esta contorna. É unha estrada moi utilizada cada día por centos de veciños e veciñas e que necesitaba unha intervención integral. Con este investimento de preto de 400.000 euros damos resposta a unha demanda histórica, mellorando a seguridade, a mobilidade e a calidade dunha infraestrutura esencial para comunicar Trasmañó, Cabanas e outras parroquias próximas”.

Rivas engadiu que “seguimos demostrando que este Goberno municipal transforma as demandas da veciñanza en proxectos e investimentos reais, priorizando aquelas actuacións que melloran o día a día das persoas e que contribúen a un concello máis seguro e mellor comunicado”.

Pola súa banda, o concelleiro de Infraestruturas, Roberto Villar, subliñou que “o proxecto non consiste unicamente en botar un novo firme, senón que supón unha renovación integral da estrada, solucionando problemas históricos de drenaxe, reforzando a seguridade viaria e actuando sobre todos aqueles elementos que permitirán prolongar a vida útil desta infraestrutura durante moitos anos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará