Hoxe é Xoves 2 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xoán Carlos González repetirá como candidato á alcaldía de Redondela nas municipais de 2027

bng redondela

O BNG de Redondela anunciou hoxe de xeito oficial a elección de Xoán Carlos González como o cabeza de lista e candidato á alcaldía para as vindeiras eleccións municipais do ano 2027. O candidato nacionalista afirmou estar convencido de que a súa formación “vai liderar o vindeiro goberno municipal para dar un novo impulso a Redondela e sacar ao concello da parálise imposta por Digna Rivas”.

Dende a formación salientan que Xoán Carlos González representa “a experiencia, solvencia e o compromiso firme coas demandas dos veciños e veciñas” e subliñan que coa súa reelección, buscan  consolidar “un proxecto político que sairá a gañar as próximas eleccións municipais”.

González agradeceu a confianza depositada nel e aproveitou as súas primeiras palabras como candidato confirmado para sinalar que o seu obxectivo é “asumir esta designación con toda a ilusión e a firme determinación de traballar para converterse na forza que lidere o próximo goberno municipal de Redondela”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará