Hoxe é Luns 25 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR OPmobility queda ás portas do ascenso

707510067_1570346421766946_1537133597304781243_n

A SAR OPmobility pechou a súa participación na Fase de Ascenso á Primeira Nacional cunha convincente vitoria fronte ao Balonmano Castrillón (33-22), o que lle permitiu rematar no segundo posto da clasificación final desta fase de promoción. Desde que o equipo xoga en Primeira Autonómica chegaron todos os anos a Final 4 e quedaron tres anos consecutivos ás portas do ascenso.

Os encontros do sector celebráronse no Pavillón Municipal da Bomboneira. O último encontro fronte ao Castrillón presentou dúas metades moi diferentes. Na primeira parte, ambos os equipos mantiveron un duelo equilibrado e de alto nivel, con constantes intercambios de goles e vantaxes mínimas. A igualdade foi a tónica dominante durante os primeiros trinta minutos, reflectida no marcador de 15-15 co que se chegou ao descanso.

Tras o paso polos vestiarios, o equipo local deu un paso adiante decisivo. A SAR OPmobility mellorou notablemente na defensa, conseguindo frear o ataque do Castrillón, e atopou maior fluidez en ataque. Aos poucos, a vantaxe foi medrando ata converterse nunha clara superioridade que se plasmaría no marcador final de 33-22.

Esta vitoria chega despois dunha fase intensa na que o conxunto SAR OPmobility sumou dous triunfos e unha derrota. Na xornada inaugural, os locais superaron por un axustado 28-27 ao Balonmano Colindres nun partido de alta tensión resolto no último segundo. Na segunda xornada, caeron fronte ao Balonmano Sariegos (23-29) nun encontro no que tiveron que remar a contracorriente desde o inicio tras un mal arranque.

Con estes resultados, a SAR OPmobility conclúe a tempada 2025-2026 cunha excelente campaña, aínda que sen o premio do ascenso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará