Sector celebrado na Bomboneira
A SAR Rodavigo e o Balonmán Chapela concluíron a súa participación no Sector Nacional da categoría Cadete Feminina sen conseguir o ascenso, pero cunha valoración moi positiva do traballo realizado pola canteira ao longo da tempada. Ambos os equipos do municipio de Redondela demostraron o alto nivel da base local nunha competición de gran esixencia.
O conxunto da SAR Rodavigo finalizou na terceira posición do seu grupo tras sumar unha vitoria e dúas derrotas. As redondelás xogaron na casa no PAvillón Municipal da Bomboneira e comezaron con bo pé na primeira xornada, cunha clara vitoria fronte ao 3com Squad Valsequillo por 51-46. Na segunda xornada caeron nun duelo moi igualado fronte ao BM Urdaneta (34-35), e no terceiro e decisivo partido non puideron co potente Balonmán Alcobendas, que se impuxo por 20-35.
Pola súa banda, o Fundación Alba Torres Carrera BM Chapela disputou o Sector Nacional en Guipúzcoa. O equipo sufriu tres derrotas: na primeira xornada caeu fronte ao Lobas por 35-40; na segunda, fronte ao Zarautz Zke por 37-27; e no terceiro partido perdeu contra o Leganés por 20-29.









