Hoxe é Mércores 20 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR Rodavigo despídese do Sector Nacional Infantil Feminino

700189269_1562257389242516_1308005686253404871_n

O equipo infantil feminino do SAR Rodavigo puxo fin á súa participación no Sector Nacional Infantil Feminino tras afrontar unha esixente competición diante de rivais de gran nivel. As xogadoras redondelás remataron o campionato nunha meritoria cuarta posición, logo de tres derrotas contra o Granollers, BM Xixón e Loyola.

O primeiro encontró foi contra o BM Granollers, nun partido no que o conxunto catalán impuxo o seu ritmo desde os primeiros minutos para acabar levando a vitoria por 12-35. As xogadoras do SAR atopáronse cun rival superior física e tecnicamente, aínda que nunca baixaron os brazos e mantiveron a loita ata o final. Máis aló do resultado, o encontro serviulles ás infantís para sumar experiencia.

Na segunda xornada, o SAR Rodavigo ofreceu unha versión máis competitiva fronte ao BM Xixón, aínda que terminou cedendo por 18-26. Durante a primeira metade, o equipo mantívose dentro do partido grazas á intensidade defensiva e ao esforzo colectivo. Porén, tras o descanso, o cadro asturiano conseguiu aumentar o ritmo e aproveitar varios erros para abrir diferenzas no marcador. A pesar diso, as de Redondela seguiron pelexando ata o último intre, demostrando unha gran actitude sobre a pista.

O peche do sector chegou diante do BM Loyola A, nun encontro no que o SAR Rodavigo volveu amosar unha boa imaxe durante gran parte da primeira metade. As xogadoras saíron con intensidade e mantiveron a igualdade nos primeiros compases do duelo. Co paso dos minutos, o desgaste acumulado e o acerto rival permitiron ao Loyola A ampliar vantaxes ata o definitivo 16-25.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará