Conta atrás para o Festival Alternativo Millo Verde. A Praia de Cesantes acolle este xoves, venres e sábado a XIX edición dun festival que inclúe 18 concertos con música reggae, punk e mestizaxe así como unha variada programación de actividades para todas as idades. As entradas pódense adquirir a través de páxina milloverde.org
A programación arrincará o xoves 21 de maio cunha xornada de acceso de balde coas actuacións de Nadie González, Vimbio e Pladür.
O venres 22 a intensidade subirá cos directos dos redondeláns iYaman Pablo & Irie Reggae Vibes, os gañadores do Concurso de Maquetas, Boogies
Na carpa grande as actuacións correrán a cargo de catro agrupacións: Pan de Capazo, La Chiva Gantiva, Mitad Doble e Esmorgadas.
O gran peche chegará o sábado 23 con Lula Mora, Moon Cresta, Carmen Xía, Alpargata, Rebeliom do Inframundo, Fülü e Catalina Grande Piñón Pequeño. Ademais, a batucada Bloquinho Aperta será a encargada de marcar o paso entre concertos.
Máis alá da música, o recinto de Cesantes ofrecerá actividades como o Millo Miúdo (xogos para as crianzas), obradoiros de batucada e danza africana, e a novidade deste ano: vólei na praia para familias. Non faltarán as citas que definen a identidade única do festival, como o obradoiro de ArteLixo ou o xa emblemático e esperado Eskalabirras.
As entradas de día e abonos continúan á venda en www.milloverde.org, con prezos reducidos antes de que aumenten na billeteira durante o festival ademais da opción de reserva de camping. Pódese realizar a recarga anticipada das pulseiras a través da web con ofertas exclusivas: pola recarga de 25 € engádense 2 tokens, e coa de 50 € un total de 5 tokens de agasallo.
Un ano máis, esta nova edición é posible grazas ao apoio do Concello de Redondela, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, cuxa colaboración permite manter o espírito independente dun evento que xa é un clásico dos inicios do verán.












