Hoxe é Martes 19 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Alameda Castelao reúne 400 estudantes na sexta edición do Intercentros de Xadrez

xadrez-nenos

A Alameda de Redondela acolleu esta mañá a sexta edición do Torneo Intercentros de Xadrez, un evento no que se deron cita 400 estudantes de primaria e secundaria procedentes de centros educativos de Redondela, Chapela e outros concellos da contorna.

O evento, coordinado por Miguel Ángel Vidal, profesor do IES Pedro Floriani, en colaboración coa Concellería de Deportes consolídase como unha das actividades escolares de referencia arredor do xadrez na comarca. A evolución da participación evidencia o crecemento do torneo: dos arredor de 80 xogadores da primeira edición pasouse aos 400 participantes deste ano.

A organización destaca que o obxectivo é continuar ampliando a iniciativa tanto en número de participantes como na incorporación de novos centros educativos, abrindo incluso a porta á participación de colexios e institutos de Portugal.

Durante a xornada, os escolares puideron demostrar as súas habilidades sobre o taboleiro e compartir experiencias con alumnado doutros centros nun ambiente marcado pola convivencia e a competitividade saudable. O obxectivo último é promocionar o xadrez como actividades nos centros educativos.

Ademais do seu compoñente lúdico e deportivo, desde a organización subliñan os beneficios educativos do xadrez, unha disciplina que contribúe a mellorar a concentración, o razoamento lóxico e as habilidades matemáticas, ao tempo que axuda aos máis novos a aprender a afrontar a frustración e a toma de decisións.

Os gañadores e gañadoras recibirán trofeos e sortearase entre todos os participantes exemplares do libro Miradas de campioas, unha publicación que homenaxea ás campioas mundiais de xadrez e reivindica o papel das mulleres na historia deste deporte. A obra inclúe retratos ao óleo das diferentes campioas, achegándolle un valor artístico singular co propósito de dar visibilidade aos logros destas grandes mulleres, moitas veces esquecidas da historia e as veces descoñecidas incluso opara os amantes deste xogo.

Alumnado premido

Na categoría de Educación Primaria, o CEIP Outeiro das Penas fixo pleno ao copar o podio. O primeiro posto foi para Gorka Leirós, seguido de Daniel Ivanov en segunda posición e Romero Correa no terceiro lugar.
Na categoría de Educación Secundaria (ESO), o triunfo individual quedou en Redondela grazas a Andrés Ojea, do IES Mendiño, que se proclamou campión. O segundo e o terceiro posto viaxaron a Tui, correspondendo a Telmo Pazo e Martín Iglesias, ambos alumnos do IES Indalecio Pérez Tizón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará