Foto de DARK MEMORIES
A artista galega MoOoM acaba de publicar o seu álbum AtlánticA (Ferror Records, 2026), xa dispoñible en todas as plataformas dixitais. Actuará o venres 24 de maio na Sala krazzykray de Cambados, nun concerto que supón unha das primeiras presentacións en directo do álbum en Galicia.
O disco foi co-creado xunto a Carlo Jurancelli e Facundo Fernández Alberdi (Facu Alberti), nun proceso de investigación etnomusicolóxica e sanación persoal tras a pandemia. Nunha recente entrevista para Radio Redondela, MoOoM definiu a súa proposta como “un ritual de sons atlánticos”.
Un traballo de folktronika tradicional que fusiona a música de transmisión oral galega con electrónica de amplo espectro, creando paisaxes sonoras entre o ritual, o club e a memoria colectiva. O álbum combina sintetizadores modulares con isntrumentos de folk galego e samples de ritmos atlánticos. “Non busca unha síntese pechada, senón abrir cuestións en torno á identidade, á memoria colectiva e á transformación cultural”, destaca sobre o proxecto.


