Hoxe é Martes 20 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR OPMobility lévase o derbi redondelán ante o Chapela

856539665_1717402857061301_1397966891771653824_n

A SAR OPMobility conseguiu a súa primeira vitoria da tempada na Primeira Autonómica ao impoñerse por 20-29 ao Balonmán Chapela no derbi redondelán. O equipo visitante suma así dous puntos despois de empatar nos dous primeiros encontros da liga. Pola súa banda, o Chapela viu interrompido o seu bo inicio de tempada, tras encadear dúas vitorias nas primeiras xornadas.

O triunfo da SAR cimentouse nunha sólida defensa na primeira metade, que lle permitiu chegar ao descanso cunha clara vantaxe de oito goles (5-13). Na segunda parte, o Chapela reaccionou e conseguiu reducir a diferenza ata o 16-21 no minuto 46, pero a SAR recuperou o control do partido e acabou pechando o encontro cunha vantaxe de nove goles. Na clasificación, o Chapela ocupa a quinta posición con catro puntos, mentres que a SAR é sexta, tamén con catro puntos, tras sumar unha vitoria e dous empates.

Na próxima xornada, a SAR OPMobility recibirá o Bueu Atlético na Bombonera, mentres que o Balonmán Chapela visitará o Seis do Nadal.

Na Segunda Autonómica masculina, o filial da SAR, o SAR Globalmar, tamén conseguiu a vitoria ao impoñerse por 37-23 ao Balonmán Tui na Bombonera. O equipo redondelán buscará dar continuidade a este resultado na próxima xornada, na que visitará o Grove.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará