O Concello ofrece á veciñanza un servizo gratuíto de recollida a domicilio de restos de poda e pon á súa disposición “bigbags” sen custo no Punto Limpo da Montesiña ou nas oficinas do Concello de Soutomaior. Chamar a Urbaser ao 986 67 80 46 para solicitar a recollida a domicilio.
Para facilitar o uso deste servizo, as persoas que o necesiten poden achegarse ao Punto Limpo da Montesiña ou ás oficinas do Concello de Soutomaior para recoller de balde unha “bigbag”, destinada ao depósito dos restos de poda. No propio Punto Limpo e no Concello informarase sobre o funcionamento do servizo e os pasos necesarios para solicitar a súa posterior recollida a domicilio.
Unha vez preparada a “bigbag”, para solicitar a recollida dos restos é necesario contactar con Urbaser no teléfono 986 67 80 46, onde se facilitará a información necesaria para coordinar a retirada.
Esta medida súmase ás diferentes actuacións que o Concello está a desenvolver para mellorar a xestión dos residuos, fomentar a separación e reciclaxe e avanzar cara a un Soutomaior máis limpo e respectuoso co medio ambiente. Neste sentido lembran a importancia de non depositar os restos de poda nos colectores convencionais nin abandonalos en espazos públicos, e anímase á veciñanza a utilizar os recursos municipais dispoñibles para realizar unha correcta xestión destes residuos.









