Hoxe é Xoves 15 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR OPmobility e Balonmán Chapela suman e  prepáranse para o primeiro derbi da tempada

670816735_1531840165617572_508863937734127914_n

Foto de Patry Rivas do derbi de abril 2026

O balonmán redondelán afrontou unha nova xornada de competición con resultados positivos. A SAR OPmobility repartiu os puntos co Seis do Nadal nun encontro moi igualado e o Balonmán Chapela mantivo a súa boa dinámica cunha vitoria a domicilio ante o Calvo Xiria. Agora prepáranse para o primeiro derbi da tempada no que se enfrontaran o sábado 17 de outubro ás 20:15 horas no Pavillón Municipal Manuel González Soto.

A SAR OPmobility e o Seis do Nadal protagonizaron un encontro de máxima igualdade que rematou cun empate a 30 goles. O conxunto local tivo que traballar ata o último momento ante un rival esixente, nun partido no que ningún dos dous equipos conseguiu impoñer definitivamente o seu xogo.

A igualdade xa quedou reflectida nos primeiros minutos, cun 7-7 ao remate do primeiro cuarto. A intensidade defensiva e a rapidez nas transicións marcaron o ritmo dun encontro no que cada posesión podía resultar decisiva. Antes do descanso, os visitantes conseguiron unha pequena vantaxe e marcharon aos vestiarios cun 14-16 favorable.

Na segunda metade, a SAR OPmobility axustou o seu traballo defensivo e mellorou as prestacións, o que lle permitiu darlle a volta ao marcador. No minuto 40, os locais xa dominaban por 21-20, pero o Seis do Nadal respondeu e mantivo o pulso ata o final.

Os últimos minutos convertéronse nun intercambio de goles sen que ningún dos dous equipos conseguise abrir unha diferenza definitiva. O 30-30 final deixou un punto para cada conxunto na Bombonera.

O Balonmán Chapela continúa coa súa boa  dinámica na Primeira Autonómica masculina. O equipo berete impúxose ao Calvo Xiria por 30-35 na súa visita a Carballo e sumou a segunda vitoria consecutiva.

Os visitantes amosaron desde o inicio a súa superioridade, aínda que sen conseguir romper o partido nos primeiros compases. No minuto 5, o marcador sinalaba un axustado 2-3 e, durante boa parte da primeira metade, ambos os equipos mantiveron un constante tira e afrouxa. O Chapela conseguiu conservar unha vantaxe mínima e chegou ao descanso por diante, cun 16-17.

Tras a pausa, o conxunto redondelán elevou o ritmo e comezou a ampliar progresivamente a diferenza. O traballo dos visitantes permitiulles acadar unha renda importante no segundo tempo, ata situar o marcador nun 21-28 no minuto 45. O Calvo Xiria mantivo a presión e intentou reducir distancias, pero non conseguiu frear o Chapela, que administrou a súa vantaxe ata pechar o encontro co definitivo 30-35.

A SAR Globalmar encadea tres vitorias na Segunda Autonómica

Na Segunda Autonómica masculina, a SAR Globalmar continúa a demostrar o seu bo momento de forma. O equipo visitou a pista do Linea21, na Coruña, e regresou cunha vitoria por 25-35 que lle permite manter o pleno de triunfos tras as tres primeiras xornadas de liga.

O encontro comezou cunha primeira metade moi igualada, na que os dous conxuntos intercambiaron goles e mantiveron o partido aberto. No minuto 20, o marcador reflectía un empate a 10. Nos últimos compases antes do descanso, os xogadores da SAR conseguiron unha pequena vantaxe para marchar aos vestiarios co 13-14.

Tras a reanudación, o equipo redondelán aumentou a intensidade e foi ampliando a diferenza de maneira progresiva. A mellora permitiulle controlar o encontro e chegar ao final cunha renda de dez goles, 25-35.

A SAR Globalmar suma así a súa terceira vitoria consecutiva e prepara xa o seguinte compromiso, no que recibirá na Bombonera o Balonmán Tui.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará