Hoxe é Mércores 14 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Sociedade de Agricultores do Viso organiza un obradoiro gratuíto de textos escritos

couñago

A actividade, impartida por Xosé Couñago, terá unha duración de 18 horas e abordará a redacción de textos persoais e formais. A actividade arrancará o vindeiro 2 de novembro e impartirase os luns, en horario de 18.30 a 20.00 horas. As persoas interesadas en participar poden solicitar información e inscribirse no teléfono 656 938 058 ou no correo electrónico acsmviso@gmail.com.

A Sociedade de Agricultores do Viso, na antiga escola de Tuimil, pon en marcha unha nova actividade formativa: un obradoiro de textos escritos totalmente gratuíto, destinado a mellorar as habilidades de redacción e comunicación das persoas participantes.

O obradoiro permitirá aprender a redactar textos persoais e formais con claridade, corrección e boa organización. Ao longo das sesións traballarase con diferentes documentos de uso cotián, como cartas, solicitudes, reclamacións e actas, entre outros, co obxectivo de adquirir ferramentas prácticas para escribir con maior seguridade e eficacia.

A actividade será impartida por Xosé Couñago, licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Couñago desenvolveu durante máis de tres décadas o seu labor docente na Escola Oficial de Idiomas de Vigo, unha traxectoria que compaxinou cun intenso traballo de investigación sobre a cultura galega.

As sesións celebraranse os luns, en horario de 18.30 a 20.00 horas, cunha duración total de 18 horas. A organización establece un máximo de 15 participantes, polo que as prazas serán limitadas e cubriranse por estrita orde de inscrición.

As persoas interesadas en participar poden solicitar información e formalizar a súa inscrición a través do teléfono 656 938 058, tamén dispoñible para WhatsApp polas tardes, ou mediante o correo electrónico acsmviso@gmail.com.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará