Hoxe é Sábado 5 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Rondalla de Redondela pecha o verán na Praza da Torre cun concerto dedicado aos boleros

42160703_310008206247208_2082431987435438080_n

Imaxe de arquivo

A Rondalla de Redondela ofrecerá ás 20:00 horas na Praza da Torre o seu tradicional concerto de final de verán, unha actuación que cada ano –e van 16- reúne a máis público e que nesta ocasión estará dedicada integramente ao bolero.

O concerto incluirá boleros clásicos que xa forman parte do repertorio da Rondalla, xunto con outras incorporacións e algunha versión de temas que orixinalmente non pertencían a este xénero pero que foron adaptados para a ocasión. Gesteira adianta pouco sobre os títulos, aínda que destaca que serán cancións “moi coñecidas” e presentes no imaxinario e na cultura popular.

A agrupación está formada actualmente por máis de trinta integrantes, principalmente persoas maiores e xubiladas, aínda que nos últimos tempos tamén comezaron a incorporarse novos membros. Un exemplo estará precisamente este sábado sobre o escenario: un percusionista de 15 anos, Mauro, un rapaz de Redondela que se suma á formación.

A Rondalla leva xa boa parte do ano levando a súa música por diferentes puntos de Redondela, con actuacións en centros sociais e culturais das parroquias e outras citas habituais. A agrupación tampouco descarta seguir ampliando o seu repertorio e mesmo afrontar a gravación dun novo disco no futuro. Antes, a cita inmediata será este sábado na Praza da Torre, nun concerto gratuíto e aberto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará