Mateo Sobral, veciño de Soutomaior, continúa avanzando na súa traxectoria deportiva tras participar coa Selección Española Sub-18 no Torneo Internacional de El Albir. O futbolista foi titular e disputou 75 minutos na vitoria de España ante Arabia Saudita.
A súa presenza na competición supón unha nova experiencia internacional e unha oportunidade para seguir medrando como xogador. Desde o Concello de Soutomaior destacan o “orgullo por contar cun deportista que representa o municipio ao máis alto nivel e que continúa consolidándose como unha das promesas do fútbol da súa xeración”.










