Hoxe é Venres 10 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela acolle este sábado unha andaina solidaria pola Senda Verde

senda verde

A Andaina organizada polo Círculo Cultural de Chapela percorrerá o sábado 11 a Senda Verde do Camiño de Santiago para recadar fondos con fins sociais. A marcha nocturna, de aproximadamente 10 quilómetros, destinará a súa recadación a Cáritas Redondela e Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS).

A cita será o sábado 11 de xullo. As persoas participantes están convocadas ás 21.00 horas no antigo apeadoiro do tren de Chapela, ao final da rúa Estación, desde onde partirán media hora máis tarde para completar un percorrido de ida e volta ata o centro comercial Vialia de Vigo pola Senda Verde do Camiño de Santiago.

Durante a marcha haberá un punto de avituallamento en Vialia antes de iniciar o regreso a Chapela.

Emilio Sánchez Santorio, Presidente Círculo Cultural de Chapela

A inscrición ten un custo de 15 euros para persoas adultas e de 10 euros para menores, mentres que tamén se habilitou un “dorsal 0”, cunha achega de 5 euros, para quen queira colaborar sen participar na andaina. O prezo inclúe camiseta conmemorativa, auga e avituallamento.

A totalidade da recadación repartirase a partes iguais entre Cáritas Redondela e Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), co obxectivo de apoiar o labor social que desenvolven ambas entidades.

A iniciativa está organizada polo Círculo Cultural Recreativo de Chapela, coa colaboración dos concellos de Redondela e Vigo, da Xunta de Galicia e do programa Xacobeo 2027. Ademais do seu carácter solidario, a actividade pretende promover hábitos de vida saudables, poñer en valor a Senda Verde do Camiño de Santiago e fomentar a participación cidadá.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. Boa iniciativa. Menos mal que a andaina é nocturna, as árbores tardarán en medrar e dar sombra suficiente para facela de día.

    Ogallá avancen máis coa senda sentido Redondela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará