Pablo Durán xunto ao Presidente do club Manuel Ferreira
O Pazos de Borbén FS anuncia a incorporación de Pablo Durán García como novo adestrador do primeiro equipo tras a saída de Alberto Matilla. O técnico pontevedrés, de 43 anos, será o encargado de dirixir o conxunto vermello no vindeiro curso.
Durán chega ao club tras a súa etapa nos equipos da base do Leis Pontevedra e despois de lograr o ascenso á Terceira División co ADFS Bueu. Ademais, conta cunha ampla traxectoria vinculada ao fútbol sala, tanto na bancada como na pista.
Como xogador, militou en clubs con experiencia nas categorías nacionais como Leis Pontevedra, Rías Baixas, Hermanos Barbeito, Automoción La Junquera e ADFS Bueu, “un percorrido que avala o seu coñecemento da competición”.
Desde o Pazos de Borbén FS destacaron a súa satisfacción pola chegada de Pablo Durán e confiaron en que a súa incorporación “contribúa ao crecemento do proxecto deportivo da entidade nas próximas tempadas na Terceira División Nacional”.









